sábado, 11 de marzo de 2017

Clase especial con Santiago sobre Correos

Esta semana estamos a traballar as cartas en lingua galega e Santiago, o pai de Martín veu á nosa aula a contarnos como temos que mandar unha carta e que pasa con ela dende que a metemos no buzón ata que chega ao seu destino.

Respondeu a tódalas nosas preguntas e foi moi interesante. Todos metemos as cartas no noso buzón de clase e agora agardamos impacientes a que cheguen ao seu destinatario!

Moitas gracias a San por estar con nós e contarnos tantas cousas e a Martín, porque tan pronto como comezamos coas cartas pensou no seu pai e en todo o que nos podía ensinar :)




No hay comentarios:

Publicar un comentario