jueves, 6 de abril de 2017

Regueifando!

Grazas ao equipo de dinamización lingüística do cole hoxe aterraron na nosa clase as regueifas, que cunha rápida investigación descobremos que o seu nome ven da bóla de pan que a madriña dunha boda lle daba ao regueifeiro que defendía mellor á noiva ou ó noivo. Que é unha discusión entre dous o mais persoas improvisada que pode ser satírica, reivindicativa... Son moi orixinais, creativas e divertidas!

Por iso todos nos apuntamos a facer unha. A ver que sae de aquí...



No hay comentarios:

Publicar un comentario